LugoTermal é o programa de termalismo da Deputación de Lugo a través do que se ofrece aos veciños e ás veciñas da provincia que teñan máis maiores de 50 anos de idade, e acompañantes, descontos para recibir tratamentos en balnearios. A institución provincial favorece así o benestar e a calidade de vida dos e das lucensas, ao tempo que dinamiza a economía da provincia a través do turismo termal.
Este é un programa que leva realizándose máis dunha década e que ten moi boa acollida entre a veciñanza.
Inscrición
A Deputación abrirá o prazo de inscrición ás 09:00 horas do luns 02.12.2024 da nova edición do LugoTermal, con máis de 1.700 prazas.
Pode descargar o DÍPTICO INFORMATIVO premendo nesta ligazón
Pode descargar o MODELO DE SOLICITUDE en PDF EDITABLE premendo nesta ligazón
Pode descargar o MODELO DE SOLICITUDE en LIBREOFFICE WRITER premendo nesta ligazón
Modalidades
Na modalidade con estancia, os paquetes con descontos económicos consisten en 6 días e 5 noites, pensión completa, 1 recoñecemento médico, de 15 a 20 técnicas termais e actividades socioculturais. A modalidade de tratamentos sen pernocta inclúe de 30 a 40 técnicas termais durante 10 días e un recoñecemento médico.
Con este programa de termalismo, a Deputación contribúe á promoción da autonomía persoal e ao envellecemento activo dos maiores, así como á prevención e detección precoz da dependencia para que poidan gozar dunha vida máis saudable e independente, e, ao mesmo tempo, dinamiza a economía a través do turismo de proximidade.
Recursos termais
Galicia é a segunda maior rexión termal de toda Europa e a provincia de Lugo conta desde a época romana cunha longa tradición neste ámbito pola calidade das súas augas mineiromedicinais. O amplo patrimonio termal da provincia constitúe un gran potencial para a captación de máis turismo e, desta forma, impulsar a economía. Os balnearios desenvolven un papel de dinamización socioeconómica no rural contribuíndo a fixar poboación e favorecendo o emprego, principalmente feminino, segundo destaca a Asociación de Balnearios de Galicia.
Termas de Lugo, Augas Santas, en Pantón, Río Pambre en Palas de Rei e o balneario de Guitiriz son os catro balnearios da provincia que participan nesta iniciativa, que inclúe dúas modalidades: unha con estancia e pernocta e outra de prectación diúrna de tratamentos.
Pode descargar o resumo de prazas 2024 2025
BOP de Lugo núm. 277 do 30.11.2024
NOTA: