A Deputación finaliza as obras de reparación da estrada danada pola choiva en Cervo
![](/sites/deputacionlugo.org/files/2021-12/231221%20Estrada%20LU-P5811%20arranxada.jpeg)
Esta vía provincial, a LU-P-1504, conecta Río Cobo coas fábricas de Sargadelos e con outros núcleos da localidade cervense viuse afectada pola borrasca Barra
A Deputación de Lugo finalizou este venres as obras de reparación dos danos ocasionados na estrada provincial LU-P-1504, en Cervo, logo de que sufrira un afundimento parte da calzada por mor das intensas choivas da borrasca Barra o 8 de decembro. A institución provincial investiu 15.000€ nestas actuacións.
O tráfico xa quedou restablecido este mediodía. Os traballos consistiron na reposición do muro de sostemento con bloques de coieira, e tamén na substitución do firme con balastro artificial para poder estender o aglomerado en quente na superficie. Unhas obras que se desenvolveron coa máxima celeridade posible, comezando este mesmo luns e rematando hoxe.
Esta vía é a que une Río Cobo coas fábricas de Sargadelos e con outros núcleos de poboación desta localidade cervense.
![Máquinas traballando para arranxar a estrada](/sites/deputacionlugo.org/files/inline-images/231221%20M%C3%A1quinas%20traballando%20durante%20as%20obras.jpeg)