Deputación de Lugo
Infraestruturas

A Deputación finaliza as obras de reparación da estrada danada pola choiva en Cervo

Cervo
vias e obras
Rede provincial de estradas
Os traballos, que se desenvolveron coa máxima celeridade posible, consistiron na reposición do muro con bloques de coieira e a substitución do firme con aglomerado en quente

Esta vía provincial, a LU-P-1504, conecta Río Cobo coas fábricas de Sargadelos e con outros núcleos da localidade cervense viuse afectada pola borrasca Barra

A Deputación de Lugo finalizou este venres as obras de reparación dos danos ocasionados na estrada provincial LU-P-1504, en Cervo, logo de que sufrira un afundimento parte da calzada por mor das intensas choivas da borrasca Barra o 8 de decembro. A institución provincial investiu 15.000€ nestas actuacións.

O tráfico xa quedou restablecido este mediodía. Os traballos consistiron na reposición do muro de sostemento con bloques de coieira, e tamén na substitución do firme con balastro artificial para poder estender o aglomerado en quente na superficie. Unhas obras que se desenvolveron coa máxima celeridade posible, comezando este mesmo luns e rematando hoxe. 

Esta vía é a que une Río Cobo coas fábricas de Sargadelos e con outros núcleos de poboación desta localidade cervense. 

Máquinas traballando para arranxar a estrada