A Deputación apoia á Asociación Lucense de Esclerose Múltiple
![](/sites/deputacionlugo.org/files/2022-05/300522%20Mesa%20ALUCEM.jpg)
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, visitou a mesa informativa que instalou este luns a Asociación Lucense de Esclerose Múltiple (ALUCEM) no Pazo de San Marcos para a visibilizar e concienciar sobre esta enfermidade con motivo do Día Mundial desta doenza. A Deputación de Lugo colabora coa entidade lucense cunha achega económica de 10.000 euros para apoiar o seu funcionamento. Rivera Capón felicitou a ALUCEM polo labor que desenvolve para axudar a mellorar a calidade de vida e facilitar o día a día dos doentes e das súas familias.