Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

A Deputación apoia á Asociación Lucense de Esclerose Múltiple

ALUCEM

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, visitou a mesa informativa que instalou este luns a Asociación Lucense de Esclerose Múltiple (ALUCEM) no Pazo de San Marcos para a visibilizar e concienciar sobre esta enfermidade con motivo do Día Mundial desta doenza. A Deputación de Lugo colabora coa entidade lucense cunha achega económica de 10.000 euros para apoiar o seu funcionamento. Rivera Capón felicitou a ALUCEM polo labor que desenvolve para  axudar a mellorar a calidade de vida e facilitar o día a día dos doentes e das súas familias.