Deputación de Lugo

A Deputación sumouse ao recordo e recoñecemento a Miguel Ángel Blanco e a todas as vítimas de terrorismo

FEMP

A Corporación da Deputación de Lugo, persoal da institución e veciños e veciñas sumáronse este mércores, na Praza de San Marcos, aos cinco minutos de silencio convocados pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) con motivo dos 25 anos do asasinato terrorista de Miguel Ángel Blanco e en homenaxe e recoñecemento a todas as vítimas do terrorismo.