Deputación de Lugo
Turismo

A Deputación amplía o programa da Festa da Empanada de Begonte ofrecendo actividades fluviais

Begonte

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este domingo nunha nova edición da Festa da Empanada de Begonte, celebrada no Club Fluvial da localidade. A Deputación de Lugo achegou 3.000€ para a celebración desta cita, organizada pola Asociación Centro Iniciativas e Turismo do Club Fluvial de Begonte, e ampliou a programación da mesma ofrecendo hoxe unha xornada das Actividades Fluviais gratuítas que organiza por toda a provincia. A institución aposta por este encontro porque pon en valor as tradicións e a gastronomía da provincia, ao tempo que favorece o turismo e crea actividade económica.