A Deputación recibe unha doazón de material sanitario do CD Lugo que destinará á rede de residencias
A Deputación de Lugo recibiu este xoves unha doazón de xel hidroalcohólico e 1.500 probas de antíxenos do Club Deportivo Lugo que irán destinados á rede provincial de Centros de Atención a Maiores. O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, recolleu este mediodía o material sanitario no estadio Anxo Carro e na entrega participou o Conselleiro Delegado da entidade albivermella, Marco Antonio López Queiroz.
Rivera Capón agradeceu a mostra de solidariedade do Club Deportivo Lugo e lembrou que a institución provincial ten abertas e en funcionamento residencias públicas nos concellos de Trabada, Pol, Ribadeo, Castroverde, A Fonsagrada, Pedrafita do Cebreiro e Meira e que proximamente abrirá os de Navia de Suarna e Ribas de Sil.