Deputación de Lugo
Economía
Turismo

A Deputación dá a coñecer o patrimonio da provincia de Lugo en Produart

A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Mayra García Bermúdez, clausurou a XX Feira dos Produtos Artesanais e Ecolóxicos Produart que se celebrou esta fin de semana na Nave de Redes de Burela. A Deputación de Lugo colabora con esta cita, impulsada pola Fundación Expomar, cunha achega de 12.000€. Durante toda a fin de semana a institución provincial contou cun expositor informativo  no que deu a coñecer o patrimonio cultural e natural e a gastronomía da provincia de Lugo. 

García Bermúdez destacou que “dende a Deputación apoiamos ós concellos e ó tecido asociativo para dinamizar a vida social e económica da provincia, e para consolidar o modelo de turismo que defendemos: un turismo de calidade e sostible e que crea riqueza e emprego, sobre todo no noso rural”.