Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

O Presidente recibe a 175 nenos e nenas do programa Concilia de Sarria que visitaron Lugo grazas á Deputación

Concilia de Sarria
José Tomé Roca deu a benvida no Salón de Actos aos rapaces e rapazas, de entre 3 e 12 anos, que coñeceron o Pazo de San Marcos e recibiron de agasallo o libro Colorea a túa Provincia. A institución provincial fretou catro autobuses para a viaxe, na que os nenos tamén pasearon pola Muralla e foron ao cine

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, recibiu este venres no Pazo de San Marcos aos 175 nenos e nenas que participan no programa Concilia do Concello de Sarria na quenda da segunda quincena de agosto. A institución provincial colabora con esta visita a Lugo co desprazamento, para o que fretou catro autobuses.

José Tomé, que estivo acompañado polo Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, e o Concelleiro de Benestar Social de Sarria, Benjamín Escontrela, deulle a benvida no Salón de Actos aos rapaces e rapazas, de 3 a 12 anos de idade, e aos seus 13 monitores, desexándolles unha xornada divertida que recorden no futuro e animándoos a coñecer a Deputación e a cidade. Os nenos percorreron despois as dependencias do Pazo de San Marcos e os xardíns e recibiron como agasallo o libro Colorea a túa provincia. Logo pasearon pola Muralla e foron ao cine.