Deputación de Lugo
Economía

A Deputación colabora no XLVI Concurso Exposición de Gando Vacún da Fonsagrada

a fonsagrada
RECURSOS SOSTIBLES
gando vacún
O Deputado de Recursos Sostibles participou na cita na que a institución provincial presentou cinco novelas da Granxa Gayoso Castro e para a que destina 7.000€ xunto co certame cabalar que terá lugar a vindeiro día 8 de setembro

O Deputado de Recursos Sostibles, Roberto Fernández Rico, xunto ao Alcalde da Fonsagrada, Carlos López, e outras autoridades, participou este sábado no XLVI Concurso de Exposición de Gando Vacún celebrado no Recinto do Mercado Comarcal Gandeiro da localidade. Fernández Rico salientou a importancia e a calidade do certame e fixo entrega dos trofeos aos gañadores. 

A Granxa Gayoso Castro da Deputación de Lugo presentou cinco exemplares de raza autóctona a este certame. A institución provincial colabora para esta cita e para que terá lugar a vindeira semana de cabalos, o 8 de setembro, un total de 7.000€.