Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

O gañador do Volante Deputación prepara a participación do Rally San Froilán, co patrocinio da Vicepresidencia

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
Deportes
volante Deputación
EFRÉN CASTRO
ÁNXEL VIZOSO

O viveirense Ánxel Vizoso López prepara no circuíto da Pastoriza a súa participación no Rally San Froilán, como gañador do Volante Deputación. O programa impulsado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo ofrece ao vencedor a posibilidade de iniciarse na competición automobilística, ofrecéndolle unha formación específica en condución deportiva e un coche de competición para correr o rally lucense.

O deputado de Deportes Efrén Castro achegouse este domingo ata as instalacións para desexar sorte ao mozo viveirense, que poderá seguir perfeccionando a súa destreza ao volante nos próximos días, no propio circuíto e nos treitos do rally, que se celebrará do 14 ao 16 de outubro. Nas sesión de preparación na Pastoriza están a participar tamén Pablo Núñez Fernández e Jesús Amor Vidal, segundo e terceiro clasificado no Volante Deputación.