Deputación de Lugo

A Deputación acompaña a Foz na súa homenaxe á tradición mariñeira nas Festas do Carme 2025

Pablo Rivera Capón
Foz
Francisco Cajoto Caserío
Festas do Carme de Foz

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, asistiu este mércores na Praza Conde de Fontao de Foz á misa cantada polo coro Mar Aberto na honra á Virxe do Carme, patroa dos mariñeiros. A cerimonia celebrouse no marco da programación das Festas do Carme que organiza este municipio mariñán do 11 ao 17 de xullo. A este acto, que continuou coa tradicional ofrenda floral e a procesión, tamén asistiu o Alcalde de Foz e Deputado Provincial, Francisco Cajoto Caserío, membros da corporación municipal e numerosos veciños e veciñas e visitantes.