Un grupo de 40 nenos e nenas do Campamento de Maristas coñecen a Reserva de Terras do Miño

O Deputado de Formación, Ensino, e Economía do Coñecemento e Alcalde de Lugo, Miguel Fernández Méndez, recibiu este mércores no Centro de Interpretación de Terras do Miño a un grupo de 40 nenos e nenas do Campamento de Maristas que coñeceu a Reserva da Biosfera xestionada pola Deputación de Lugo. Durante a visita, Fernández Méndez entregoulles varios agasallos e materiais informativos aos participantes, amosándolles tamén o desenvolvemento dos cultivos nos hortos ecolóxicos que a institución provincial pon a disposición dos veciños e veciñas para fomentar prácticas saudables e sostibles. O grupo completou a xornada cunha visita guiada de aproximadamente unha hora e media, na que puideron descubrir os valores naturais deste espazo protexido.