A Deputación súmase á celebración do Día da Policía Nacional en Lugo, Monforte e Viveiro
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este martes nos actos con motivo da festividade dos Santos Anxos Custodios, patrón da Policía Nacional, celebrados en Monforte de Lemos, a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, acudiu á conmemoración organizada en Lugo e a Deputada de Muller e Igualdade, e Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, asistiu á que acolleu a cidade do Landro. José Tomé subliñou que “os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado merecen que a sociedade dedique polo menos un día ao ano a recoñecer de maneira explícita o traballo destes profesionais que velan pola nosa seguridade”.
“A Policía Nacional mantén a súa capacidade de resposta rápida contra os delitos, pero soubo nestes anos adaptarse e estar á altura do que demanda a sociedade, como demostraron durante a pandemia, prestando todo tipo de servizos, moitos deles de carácter social ou humanitario”, asegurou o Presidente.