A Deputación súmase aos actos conmemorativos polo Día Mundial contra o Cancro de Mama
![](/sites/deputacionlugo.org/files/2022-10/image00006.jpeg)
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este mércores nos actos organizados na Praza Maior de Lugo con motivo do Día Mundial contra o Cancro de Mama, que se celebra hoxe en sinal de apoio ás mulleres e homes que padecen esta doenza e as súas familias. Así mesmo, a institución provincial iluminará de rosa o Pazo de San Marcos e o Fogar de Santa María durante a xornada para concienciar á poboación sobre esta doenza, da que se diagnostican anualmente en España uns 34.000 novos casos, a maioría en mulleres. A Deputación de Lugo colabora coa Asociación Española contra o Cancro (AECC) cunha achega anual de preto de 12.000€ para o apoio á atención psicosocial dos doentes e familiares e o arrendamento dunha vivenda.