Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

O Presidente participa no acto floral celebrado en Lugo para recadar fondos destinados á investigación do cancro de mama

AECC
Día Internacional do Cancro de Mama

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, acompañado dos deputados de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participaron este domingo en Lugo, na Mosqueira, nun acto floral con motivo do Día Mundial contra o Cancro de Mama que organizou a Asociación Española contra o Cancro de Mama de Lugo (AECC), o Concello de Lugo e o grupo El Progreso, e co que colabora a institución provincial. Unha acción solidaria que tivo como obxectivo recadar fondos para a investigación desta enfermidade coa venda de plantas.