Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo participa na Xuntanza dos Maiores de Meira

maiores
Meira

O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, participou este venres na Xuntanza dos Maiores de Meira, que acolleu o pavillón da localidade ao mediodía. Un encontro que comezou cunha misa na igrexa de Santa María, seguida dun xantar e unha actuación dun grupo musical. García Pernas felicitou ao rexedor, Antonio de Dios, por recuperar este encontro grazas ao que “os nosos maiores poden xuntarse e desfrutar dunha festa, algo moi especial para eles porque sufriron especialmente o impacto e as consecuencias da pandemia”. Así mesmo, o Deputado puxo en valor o firme compromiso da Deputación co benestar das persoas maiores, materializado en iniciativas como a rede de residencias, que prestan unha atención de calidade aos usuarios e favorecen o arraigo, ademais de crear emprego e dinamizar as economías locais.