Deputación de Lugo

Os traballadores e traballadoras da Deputación celebran o tradicional encontro nas casetas do polbo por San Froilán

San Froilán

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este venres no tradicional encontro do persoal da institución provincial nas casetas do polbo con motivo do San Froilán. Ao xantar asistiu un cento de traballadoras e traballadoras da institución provincial, que estiveron acompañados do Presidente e dos deputados de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto; de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón; de Recursos Sostibles, Roberto Fernández Rico; e de Economía, Recadación e Facenda, Mayra García Bermúdez.