Deputación de Lugo

A Deputación defende na XIV Tasca do Liño a importancia de recuperar as tradicións para o impulso do rural

Vilalba
tasca do liño
O Deputado de Participación Cidadá asistiu a esta cita celebrada hoxe no Campo da Festa de San Bartolomeu de Insua, en Vilalba, co apoio da institución provincial

O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, participou este sábado na XIV Tasca do Liño celebrada no Campo da Festa de San Bartolomé de Insua, en Vilalba, coa colaboración económica da Deputación de Lugo.

García Pernas felicitou á Asociación de Mulleres Rurais de San Bartolomeu de Insua polo seu traballo e “por loitar por sacar adiante esta cita”, destacando a importancia de “recuperar e poñer en valor as nosas tradicións e legado cultural, un factor moi importante para impulsar o desenvolvemento do noso rural”.

A escritora Marica Campo foi a pregoeira desta cita, que inclúe un recital poético da man de Anxo Angueira, a demostración da tasca do liño, a actuación da Charanga de Vilalba, unha demostración de pandeiros e xogos tradicionais con XOTRAMU, a entrega de premios do certame de debuxo e poesía, unha degustación e a Conxura da Queimada, a cargo de Manuel Ferreiro.