Deputación de Lugo
Economía

A Deputación participa en Sarria nun encontro da Asociación de Empresarios do Transporte de Mercadorías

Tradime
Transporte de mercadorías
Sarria

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou na cea que tivo lugar onte sábado en Sarria con motivo da celebración da asamblea xeral da Asociación de Empresarios do Transporte de Mercadorías (Tradime) que traballan polas estradas da provincia de Lugo. A cita tivo lugar no hotel Alfonso IX da localidade.