Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

Medio Rural e do Mar colabora coa hostelería ribadense nunhas xornadas gastronómicas de exaltación da lura

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
MEDIO RURAL E DO MAR
Mónica Freire
XORNADAS GASTRONÓMICAS

A deputada Mónica Freire participou na presentación das Xornadas Gastronómicas de Exaltación da Lura, que se celebrarán do 25 ao 27 de novembro en Ribadeo coa participación de vinte locais.  A area de Medio Rural e do Mar da Deputación de Lugo apoia a organización desta cita gastronómica,  que contribúe a poñer en valor un produto do mar  e de proximidade a través dos pratos que prepararán os bares, restaurantes e mesóns ribadenses.

A través da colaboración da área provincial, a Asociación de Comerciantes e Industrias de Ribadeo (Acisa) distribuirá entre os locais participantes un total de 25 quilogramos de produto cos que poderán elaborar as diferentes receitas.

Mónica Freire sinalou que “a iniciativa pretende poñer en valor o produto de proximidade e do mar, cun ingrediente popular, moi demando na restauración” e destacou tamén “que as xornadas contribúen a dinamizar a hostalerìa nun mes de menor actividade que a rexistrada noutros momentos do ano, e especialmente delicado para o sector polo prezo da luz e doutros subministros” A área de Medio Rural e do Mar achegará 5.000 euros para o financiamento das xornadas.