Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

Medio Rural expuxo o programa “O que non arde”  nunha xornada sobre o papel preventivo das actividades agrogandeiras fronte aos incendios

VICEPRESIDENCIA DEPUTACÍON LUGO
medio rural
O QUE NON ARDE
PREVENCIÓN INCENDIOS
SOCIEDADE GALEGA PASTOS E FORRAXES

O programa “O que non arde” da área de Medio Rural da Deputación de Lugo recibiu o respaldo de gandeiros e gandeiros da montaña e persoal técnico e investigador no marco dunha xornada sobre o papel preventivo das actividades agrogandeiras fronte aos incendios, organizada este sábado pola Sociedade Galega de Pastos e Forraxes na Estación Científica do Courel da USC en Seoane do Courel.

O programa, que vai pola súa terceira edición, está aliñado cos modelos de xestión do monte e de manexo de gando en extensivo, que se abordaron durante a xornada tanto por parte de especialistas en enxeñería agrícola e forestal e investigadores como de gandeiros e gandeiras que expuxeron a súa experiencia en granxas adaptadas ás dificultades das zonas de montaña.

Os incendios que afectaron ao Courel este verán estiveron sobre a mesa en diferentes intervencións, como a do enxeñeiro de montes Marcos Pereira que defendeu que o pastoreo salvou do lume a aldea de Parada dos Montes, na Pobra do Brollón, durante a vaga de lumes.

Ademais, expuxéronse procesos como a revitalización da aldea de Vieiros, en Quiroga, a partir da posta en marcha de iniciativas ligadas ao sector primario como a do enxeñeiro Roi Estévez, que aproveita os recursos agroforestais da contorna..