Cultura
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación impulsa unha iniciativa de economía social ligada á artesanía e á moda sostible con Tecer para medrar

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
CENTRO DE ARTESANÍA E DESEÑO
EFRÉN CASTRO
TECER PARA MEDRAR
ECONOMÍA SOCIAL
artesanía
MODA SOSTIBLE
Quince alumnas, usuarias de Fadas, perfeccionan os seus coñecementos nun novo programa formativo, que se desnevolverá ata o 31 de xaneiro

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo dá continuidade ao programa Tecer para integrar, co que se impartiu formación en moda e artesanía a quince alumnas, usuarias da Federación de Asociación de Ámbito social de Lugo (Fadas)

Logo dos bos resultados obtidos no proxecto, a petición de Fadas, a área de Artesanía e Deseño puxo en marcha un segundo proxecto denominado Tecer para medrar co obxectivo de poder avanzar na constitución dun obradoiro permanente de formación profesional no sector da confección de roupa, orientado as persoas con dificultades de inserción laboral.

Paralelamente á labor formativa, Tecer para medrar quere impulsar a creación dunha empresa de economía social liderada por Fadas co fin de xenerar oportunidades de traballo no sector dos arranxos e confección de roupa.

O programa que se está a desenvolver nestes días e ata o 31 de xaneiro, abrangue prácticas de confección, dirixidas por Isabel Modia, patronaxe a medida, impartidas por Cristina Fernández, e a confección da primeira colección cápsula que se presentará no primeiro trimestre do vindeiro ano da man de Tina Cortón e a alumna Claudia López, e co apoio e seguimento de Karol Farias en materia de identidade visual e moda circular.