Deputación de Lugo
Formación

A Deputación participa no acto de celebración de San Tomé de Aquino no Campus de Lugo

FESTIVIDADE SANTO TOME AQUINO
USC

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este venres no acto académico da Universidade de Santiago de Compostela con motivo da conmemoración da festividade de San Tomé de Aquino, patrón da Universidade. Unha festividade que acolleu o salón de actos José Rodríguez Mourelo da Facultade de Ciencias do Campus de Lugo, no que tamén participaron o reitor da USC, Antonio López Díaz, a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o catedrático Julio Seijas Vázquez, quen foi o encargado de impartir a lección inaugural sobre química sostible, entre outras autoridades. 

A Deputación de Lugo mantén un histórica liña de colaboración coa USC a través do Campus de Lugo para potenciar a súa excelencia académica e, ao mesmo tempo, para afianzar o carácter universitario de Lugo e do conxunto da provincia, sendo a institución provincial que dedica un maior volume de fondos propios a desenvolver programas de cooperación coa universidade pública.  Faino dende o convencemento de que un ensino superior público, universal e de calidade é unha ferramenta imprescindible para a igualdade de oportunidades e para un desenvolvemento social e económico sostible e equilibrado.