O Presidente participa no acto de celebración do 10º aniversario de apertura de Hotusa en Chantada
José Tomé Roca estivo no evento que tivo lugar este mércores no auditorio chantandino, destacando a capacidade deste proxecto empresarial por dinamizar esta comarca creando postos de traballo
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este mércores no acto de celebración dos 10 anos da apertura das oficinas do Grupo Hotusa en Chantada, que acolleu o auditorio chantandino.
Tomé Roca felicitou a este grupo, á súa dirección e a todas as persoas que contribúen ao seu funcionamento. “Desexo que sigan pola boa senda e que cumpran cos retos que teñen fixados para os vindeiros anos que, estou convencido, continuarán marcados polo éxito”, afirmou, ao tempo que apuntou que este proxecto empresarial contribuíu á dinamizar esta comarca e a provincia ao crear postos de emprego.