A Pobra do Brollón reforzará a limpezada rede viaria, co apoio de Medio Rural da Deputación
![](/sites/deputacionlugo.org/files/2023-02/Foto%201%20NP%20Pobra%20do%20Brollon.%20Arquivo.jpg)
Medio Rural da Deputación de Lugo colabora co Concello da Pobra do Brollón no reforzo dos traballos de limpeza e mantemento de camiños rurais. O apoio da institución provincial permitirá axilizar as tarefas de desbroce da rede viaria de titularidade municipal ao longo das 22 parroquias; unha labor fundamental para a seguridade e accesibilidade das pistas, que incide tamén na prevención de incendios.
A deputada de Medio Rural Mónica Freire sinalou que “os traballos de mantemento e limpeza das vías municipais periódicos que supoñen un gran esforzo orzamentario e de persoal para os concellos, que desde a área de Medio Rural tratamos de apoiar con diferentes fórmulas de colaboración xa que somos conscientes da importancia que esta rede de infraestruturas ten para a vertebración do territorio e tamén para o desenvolvemento agrario e forestal”.
A institución provincial achegará 20.000 euros para esta iniciativa municipal, que se suman a outros investimentos realizados neste mesmo ámbito como a adquisición de maquinaria e instrumental para labores de limpeza e mantemento.