Deputación de Lugo

O ciclo Con Voz de Muller 8M da Deputación arranca hoxe en Vilalba cun concerto da Banda da Loba

MULLER E IGUALDADE
Vilalba
a banda da loba

O Deputado de Partición Cidadá, Roberto García Pernas, asistiu esta tarde no Auditorio Carmen Estévez de Vilalba ao concerto da Banda da Loba. O grupo, formado por cinco mulleres, foi o encargado de abrir o ciclo de concertos Con voz de Muller 8M que a Deputación de Lugo puxo en marcha por segundo ano consecutivo con motivo do Día Internacional da Muller, que se conmemora cada 8 de marzo. Mañá sábado, Taboada acollerá ás 19:00 horas o concerto de Caamaño&Ameixeiras e o domingo será a quenda de Catuxa Salom, na Fonsagrada, e Margarida Mariño en Viveiro, ambos tamén ás 19:00 horas.