A Fundación Secretariado Xitano planta árbores froiteiras na contorna do Centro de Interpretación Terras do Miño
O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, participou este martes na plantación de árbores froiteiras no entorno do Centro de Interpretación Terras do Miño, no río Rato, un espazo de titularidade da Deputación de Lugo. A iniciativa forma parte do programa TándEM en entidades do sector público estatal, enfocado á formación específica para acadar un emprego. Enmarcado no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia habilitado polo Goberno do Estado con fondos europeos, e apoiado pola institución provincial, o proxecto está destinado a 8 persoas menores de 30 anos para a conservación e mantemento de xardíns e zonas verdes.