Deputación de Lugo

O Presidente recoñece o compromiso social e a entrega dos premiados nos Milagrosistas do Ano

José Tomé Roca
Premios Milagrosistas
José Tomé Roca entregou sete dos galardóns, destacando o recoñecemento de dúas traballadoras da institución provincial, a interventora e unha compañeira do Servizo de Normalización Lingüística, ás que definiu “como exemplo de discreción, rigor e dedicación ao servizo público”

O mandatario provincial salientou que todos os galardóns son importantes, pero estes, “son unha mostra viva da forza do movemento veciñal e da capacidade de celebrar o mellor de nós mesmos”

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este venres na gala de entrega dos Premios Milagrosistas do Ano, organizada pola Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa. O evento, celebrado no restaurante Manuel Manuel, premiou a 20 persoas e entidades da provincia.  

José Tomé, quen foi o encargado de entregarlle a distinción a sete dos galardoados, salientou que todos os galardóns son importantes, pero estes, “son unha mostra viva da forza do movemento veciñal e da capacidade de celebrar o mellor de nós mesmos”. Tomé Roca aproveitou tamén para facer un recoñecemento especial a dúas traballadoras da institución provincial: a interventora e unha compañeira do Servizo de Normalización Lingüística, ás que definiu “como exemplo de discreción, rigor e dedicación ao servizo público” e agradeceu o seu compromiso diario coa institución e coa cidadanía. 

O mandatario provincial felicitou aos premiados e premiadas, subliñando o valor que ten un recoñecemento outorgado directamente pola veciñanza do barrio da Milagrosa. “Os galardoados, vinculados a diversos ámbitos, comparten un claro obxectivo común: o compromiso coa xente, coa veciñanza, coa mellora do común”, afirmou.
 

Os galardoados e galardoadas 


A asociación entregou premios a Pedro Blanco Lobeiras, Delegado do Goberno en Galicia; á MOEXMU quen recollerá o galardón o xerente, José Manuel Rus; Montse González Álvarez, responsable de Normalización Lingüística no Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo; Laureano Isidro Alonso Fernández, veciño do barrio da Milagrosa; Francisco García Novio, urólogo e escritor; José Antonio Roldán Lozano, Comandante Militar de Lugo e Xefe do Campo de Maniobras e Tiro de Parga; José Antonio Hernández Hernández, Capitán da Garda Civil; Ángeles Novo Martínez, concelleira de Muller, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo; Jorge Bustos Atanasio, concelleiro de Xuventude, Deportes e Urbanismo no Concello de Lugo; Rosa Abelleira Fernández, interventora da Deputación de Lugo; Rosa Romero Franco, directora da Escola Politécnica de Lugo; Juan Manuel López Labrada, enxeñeiro industrial; María Belén Santiso Felpeto, inspectora da Policía Local; Chema Núñez Losada, locutor da Cadena Cope; Miriam Pérez Souto, de Peluquería Miriam Souto; María Núñez Otero, presidenta do Ilustre Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos de Lugo; Café Candelas, quen recollerá o premio Alejandra Alonso Álvarez; José Luis Agra Sánchez, presidente do Club Piringalla; Miguel Tomé López, coordinador provincial de Unións Agrarias en Lugo; á Asociación Española Contra o Cancro de Lugo, que recollerá o presidente José Manuel Rozas.


A cada un dos galardoados fíxoselle entrega do seu premio ao ritmo da súa canción preferida, un feito que dá boa mostra do ambiente festivo e de proximidade desta gala.