O 2º Curso de interpretación de Música Medieval Sons dos Camiños celebrarase do 25 ao 28 de abril nas instalacións do Centro de Artesanía e Deseño de Lugo.
Docentes
Francisco Luengo: corda frotada, violas, gigas e organistrum
Bor Zuljan: corda pulsada, cítolas e lúdes.
Paloma Guitiérrez del Arroyo: canto
Begoña Olavide: salteiros medievais
Sobre o desenvolvemento do curso
SONS DOS CAMIÑOS. En torno ao Codex Calixtinus
A segunda edición do curso de interpretación da música medieval SONS DOS CAMIÑOS vertebrarase en torno ao Códex Calixtinus, e principalmente á monodia conservada neste famoso manuscrito do século XII.
As voces traballarán pezas de tradición oral e sobre o propio manuscrito, así como notacións máis antigas (neumas primixenios dos séculos IX e X) que codifican outras piezas que serviron como modelo para construir a liturxia do apóstolo Santiago. Todo elo, con vistas a entender a modalidade medieval e o xesto vocal de estes cantos e a poder trasladar eses coñecementos á memorización e a codificación de pezas melismáticas e de ritmo libre da tradición oral viva.
Os instrumentos traballarán pezas instrumentais do repertorio medieval, danzas e cantigas. Impartiranse clases de técnica adaptada ao nivel de cada participante. Tamén teranse que enfrontar ao reto de cómo acompañar a monodia vocal, cando non hai apenas indicacións nen indicios de cómo era esa práctica.
Igualmente, terán que coñecer a modalidade medieval e descubrir os recursos de imitación, glosa, etc. característicos das culturas musicais que aínda hoxe cultivan a música monódica. Os alumnos disporán de instrumentos do CENTRAD ou dos profesores, para que os utilicen aqueles que no teñan un instrumento axeitado.
As clases contarán con sesións de técnica individual e colectiva en horario de 10h a 14h polas mañáns, cunha pausa as 12h.
Iniciaremos a tarde cunha exposición a cargo de cada uno dos profesores, as 16,30h, acerca de aspectos relevantes de elementos interpretativos, estilísticos, históricos e funcionais.
Continuaremos as 18h con clases de instrumento e conxunto instrumental.
Culminará o curso cun concerto de alumnos o domingo día 28, as 19 h, na Capela de Santa María.