Deputación de Lugo
Infraestruturas

AVISO: CORTE AO TRÁFICO DA ESTRADA PROVINCIAL, DE FERREIRA A CURRELOS, NO SAVIÑAO

Imaxe deputación de lugo

A Deputación de Lugo informa de que a partir do martes 9 de maio, a estrada LU-P-4102, entre Ferreira de Pantón e Currelos, no concello do Saviñao, verase afectada con cortes puntuais de tráfico con motivo do inicio das obras de mellora na vía, entre os quilómetros 10,907 e 14,700, coas que se procederá ao fresado e posteriormente a executar o estendido de aglomerado en quente. Habilitaranse desvíos cada 200 metros que estarán debidamente sinalizados na zona. A duración dos traballos estímanse en 10 días hábiles. A Deputación inviste preto de 113.000€ nesta actuación, adxudicada á empresa FEVISA VIAS E OBRAS, SL.