A Deputación felicita á asociación de mulleres rurais A Xuntanza de Castro de Rei, Cospeito e A Pastoriza polo seu vixésimo aniversario
![](/sites/deputacionlugo.org/files/2023-05/WhatsApp%20Image%202023-05-07%20at%2014.16.55.jpeg)
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, trasladou os parabéns da institución provincial á Asociación de Mulleres Rurais A Xuntanza polo seu vixésimo aniversario. Fíxoo durante o encontro que organizou o colectivo este domingo en Ponte de Outeiro, no concello de Castro de Rei, para celebralo. Medio cento de veciñas de Prevesos, Outeiro, Pacios, Bazar e Castro de Rei uníronse para dar visibilidade á muller no rural. Hoxe xa son máis de 400 asociadas de tres municipios: Castro de Rei, Cospeito e A Pastoriza.