Deputación de Lugo
Turismo

Arranca o Festival Trece Roeis, que conta co apoio da Deputación de Lugo

Trece Roeis Fest

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este venres na apertura do Festival Trece Roeis, de Pantón, que se celebra hoxe e mañá. Rivera Capón destacou a importancia desta cita, á que a Deputación de Lugo achega 7.260€, porque contribúe a “dinamizar económica e socialmente” o municipio e a súa contorna. “Dende a institución provincial apostamos por iniciativas que favorezan un turismo de calidade, sostible e de experiencias, con capacidade para atraer visitantes todo o ano, que coida a riqueza patrimonial e xera emprego, sobre todo no rural”, asegurou o Deputado. Este ano o Festival conta cunha vintena de artistas, como Reincidentes, Lamatumbá, Catuxa Salom, Festicultores Troupe ou Monoulious DOP, entre outros.