Deputación de Lugo

Máis de cen traballadores e traballadoras da Deputación manteñen a tradición de xuntarse nas casetas do San Froilán

ENCONTRO
traballadores
San Froilán

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este venres no tradicional encontro do persoal da institución provincial nas casetas do polbo con motivo do San Froilán. Ao xantar asistiron máis de cen traballadores e traballadoras da institución provincial, que estiveron acompañados do mandatario provincial e dos deputados de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto; de Medio Ambiente, Carlos López; de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias; de Participación Cidadá, Iván Castro; e de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández.

O encontro organizouno a Xunta de Persoal e o Comité de Empresa da Deputación, que dende hai un mes preside por primeira vez unha muller, Ana María Hortas Alonso.