Axenda Institucional
Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo participa no Día da Subdelegación de Defensa

subdelegación do goberno

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este venres no Día da Subdelegación de Defensa. O acto institucional, que se celebra todos os anos co obxectivo de difundir a cultura da Defensa e visibilizar o labor do Ministerio, tivo lugar no Vello Cárcere e estivo presidido polo Delegado de Defensa en Galicia, Antonio Bernal Martín. Na cita impuxéronse condecoracións á soldado de infantería Miren Maite Novo Aramburu, que recibiu a Cruz á Constancia no Servizo, e ao Intendente Xefe da Policía Nacional, Jesús Piñeiro Santos, a quen se lle entregou a Cruz do Mérito Militar con distintivo branco. A Deputada entregou un dos premios do concurso literario realizado nos diferentes colexios da provincia con motivo da celebración. Ademais, na cita deuse lectura ao Decreto de creación da Subdelegación e ao artigo 75 das Reais Ordenanzas das Forzas Armadas antes da entrega das condecoracións.