Deputación de Lugo
Economía
Turismo

O Presidente subliña a capacidade de convocatoria e dinamización da economía local da Festa do Caldo de Ósos de Taboada

caldo de ósos
Taboada

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este domingo xunto ao Alcalde de Taboada, Roi Regueira, na XXXII Festa do Caldo de Ósos que se celebra na praza de Riazón, co apoio da institución provincial, que achega 13.000€ para a súa organización. José Tomé subliñou a capacidade de convocatoria e de dinamización da economía local do tradicional encontro, que exalta este prato típico da gastronomía galega elaborado con produtos cárnicos do porco da zona que preparan para a ocasión os hostaleiros locais. A festa contou con obradoiros, música e numerosos postos de venda de produtos do campo, como lacón, xamón, queixos da Ulloa ou viño da Ribeira Sacra.