O deputado de Mocidade parabenizou a Jorge Prado pola vitoria no Campionato de España de Motocross
O deputado de Mocidade Daniel García parabenizou a Jorge Prado pola vitoria no Campionato de España de Motocross, que se celebrou este sábado en Lugo co patrocinio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
O deputado provincial seguiu a proba no circuíto de Rubiás, acompañado pola concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza de Lugo Cristina López, e participou na entrega de premios.
O vigués Ruben Fernàndez e o navarro Ander Valentín completaron o podio deMX1 do campionato estatal que se celebrou por segundo ano consecutivo en Lugo.