Deputación de Lugo

A Deputación garda un minuto de silencio en memoria dos falecidos no incendio de Valencia

minuto de silencio

A Deputación de Lugo convocou este luns na Praza de San Marcos un minuto de silencio en memoria das persoas falecidas no incendio que arrasou dous edificios na cidade de Valencia. Os deputados de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón; e de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, participaron xunto a outros membros da Corporación provincial, traballadores e traballadoras da institución e veciños e veciñas, na concentración coa que a Deputación secundou a convocatoria realizada pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) en memoria das vítimas do incendio que arrasou dous edificios en Valencia, no que faleceron 10 persoas.