Deputación de Lugo
Economía
Turismo

O Presidente da Deputación destaca a excelencia dos viños da Ribeira Sacra na Feira do Viño de Chantada

Feira do Viño
Chantada

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asistiu este domingo á 41 Feira do Viño de Chantada, na que ofreceu o pregón a escritora Fina Casalderrey José Tomé destacou a excelencia dos viños da Ribeira Sacra nesta cita, que abre o calendario de feiras do viño da comarca. 

“O sabor único deste produto emblema da nosa provincia ten impreso a paisaxe, a cultura e a tradición deste territorio, o que nos fai destacar e marcar a diferenza con respecto ao resto dos viños do mundo” Neste sentido, apuntou o Presidente a importancia de apoiar esta actividade que “non para de renovarse e modernizarse para seguir xerando riqueza e emprego neste territorio Reserva da Biosfera”.  Lembrou que o apoio ao sector primario “é unha das accións centrais do Goberno da Deputación”.