Deputación de Lugo

Minuto de silencio na Deputación polo 20 aniversario dos atentados do 11M

minuto de silencio
11m

A Deputación de Lugo convocou este luns, ás 12 da mañá, na Praza de San Marcos un minuto de silencio en memoria das vítimas dos atentados do 11M que custaron a vida a 192 persoas en Madrid, e dos que se cumpren 20 anos. Os deputados de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón; e de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, participaron xunto a outros membros da Corporación provincial, traballadores e traballadoras da institución e veciños e veciñas, na concentración coa que a Deputación secundou a convocatoria realizada pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) como mostra do recordo e agarimo polas vítimas e os seus familiares.