Deputación de Lugo
Formación

O Presidente e a Alcaldesa de Lugo entregan os diplomas do Plan Agrupado de Formación a 40 efectivos da Policía Local

plan agrupado de formación continua

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, e a Alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, entregaron este xoves no Salón de Actos do Pazo de San Marcos os diplomas a 40 efectivos da Policía Local da capital lucense que completaron os cursos do Plan Agrupado de Formación Continua organizado pola institución provincial. Introdución á operación de drons e Control e resposta ante alteracións en instalacións municipais foron as accións formativas nas que participaron os e as axentes.

José Tomé felicitou aos participantes destes cursos e loou que a Policía Local de Lugo é “unha verdadeira policía de proximidade á que os veciños recorren para todo, para as consultas máis sinxelas e ante os problemas máis graves. Un corpo de seguridade que, sen perder ese carácter cercano, ten que formarse para actualizarse de maneira permanente e sacarlle partido ás novas tecnoloxías”.

Na xornada de hoxe, o Presidente tamén entregou os diplomas con tarxeta habilitadora aos empregados do Parque Móbil que renovaron o CAP e aos traballadores e traballadoras públicos que realizaron os cursos de operadores de plataformas elevadoras, en total preto de 40 persoas. Neste acto, o Presidente tamén estivo acompañado polo deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, e o de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández. 

 

Diplomas Policía