O Vicepresidente visitou a Xuntanza de Palilleiras e Labores Artesanais Vila de Sarria
![](/sites/deputacionlugo.org/files/2024-03/431481575_809157574590025_3961934814213233342_n.jpg)
O vicepresidente da Deputación de Lugo e deputado de Artesanía e Deseño Efrén Castro visitou esta mañá a Xuntanza de Palilleiras e Labores Artesanais Vila de Sarria, que a Asociación de Palilleiras Camiño de Santiago de Sarria recuperou tras catro anos de parón coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
O encontro reuniu máis de 200 palilleiras de distintas localidades de Galiza, e tamén de Asturias, que recibiron como agasallo e recoñecemento ao seu traballo publicacións sobre a artesanía e o patrimonio lucense.
Efrén Castro valorou "o compromiso da asociación de palilleiras de Sarria para dar continuidade ao encontro e poñer en valor este traballo artesán".