Cultura
Deputación de Lugo

Iria Castro asistiu a Festa da Filloa, que conta co apoio da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputacion de Lugo

Festa da Filloa
Muimenta
IRIA CASTRO

A deputada de Cultura Iria Castro asistiu este domingo á Festa da Filloa, que reuniu no recinto feiral de Muimenta centos de veciños e visitantes arredor desta receita tradicional.

Iria Castro interesouse polo traballo das filloeiras nas pranchas e participou tamén na entrega de premios do Certame de Debuxo e Relato Filloa 2024 no que participaron alumnas e alumnos dos colexios da contorna, e que pretende involucrar as xeracións máis novas nesta tradición.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colaborou na dotación dos galardóns, cun lote de publicacións.