Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación de Lugo recibe ao Duque de Alba e Conde de Lemos no Pazo de San Marcos

VISITA
DUQUE DE ALBA
CONDE DE LEMOS
O Pazo de San Marcos
José Tomé Roca mantivo na mañá deste domingo un encontro con Carlos Fitz-James Stuart no Pazo de San Macos, quen asinou no Libro de Ouro e foi agasallado cun libro sobre a historia da sede provincial e cunha placa gravada da sede da institución

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, ofreceu este domingo no Pazo de San Marcos unha recepción institucional ao XXIII Conde de Lemos e XIX Duque de Alba, Carlos Fitz-James Stuart e Martínez de Irujo.  Un encontro que se produce con motivo da visita do representante nobiliario á provincia de Lugo, que no día de onte, foi nomeado fillo adoptivo de Monforte de Lemos, simbolizando con este xesto a relevancia histórica e cultural entre  provincia de Lugo e fortalecemento lazos cunha das casas nobres máis antigas e prestixiosas de España.

Durante a recepción, José Tomé Roca, agradeceu ao Duque a súa visita á sede provincial, onde asinou no Libro de Ouro da Deputación e realizou unha visita guiada ás instalacións do Pazo para coñecer a historia e a arquitectura deste icónico edificio do século XVIII.

Como xesto de agradecemento, o mandatario provincial entregoulle a Carlos Fitz-James Stuart e Martínez de Irujo, e o seu acompañante, Javier del Arco, integrante da Real Cofraría de Nobres da Nosa Señora do Portillo, como agasallo institucional un exemplar do libro Proxectos para o Hospital de Isabel II, o Instituto de 2ª Ensinanza e a Deputación Provincial de Lugo, e unha placa de cristal coa fachada do Pazo de San Marcos gravada. 

No acto institucional, tamén estiveron presentes os Deputados de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera; de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández; de Medio Ambiente, Carlos López; e a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto; así como o Deputado provincial, Antonio Ameijide; a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez; e a Alcaldesa do Concello de Lugo, Paula Alvarellos. 

A visita rematou pola tarde en Monforte de Lemos, onde antes de emprender regreso a Madrid, os representantes nobiliarios xunto ao Presidente da Deputación de Lugo, e tamén Alcalde da cidade do Cabe, fixeron unha última visita á adega Algueira da Ribeira Sacra para participar nunha cata comentada e unha degustación con produtos típicos da zona.