Deputación de Lugo

A Deputación colabora con Taboada para organizar Raizames, o Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra

Taboada
Asociación de Comerciantes e Industriais de Taboada
A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo participou na presentación desta cita, que se celebrará esta fin de semana, entre os días 10 e 12, impulsada pola Asociación de Comerciantes e Industrias do Municipio de Taboada cunha achega de 12.000€ da institución provincial

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este martes no Salón de Actos do Cuartel Vello de Taboada na presentación da segunda edición do Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra, Raizames, que se celebrará esta fin de semana, entre os días 10 e 12 de maio. A Asociación de Comerciantes e Industriais do Municipio de Taboada (Acimta) organiza esta cita, que conta cunha achega de 12.000€ da Deputación de Lugo. No acto participaron o Alcalde de Taboada, Roi Rigueira; o presidente de Acimta, Miguel Pavón Reinoso; e a Deputada provincial de Cultura, Iria Castro, entre outras autoridades.

García Porto destacou a importancia de que esta iniciativa, “que naceu o ano pasado co obxectivo de poñer en valor os produtos de calidade que definen a nosa gastronomía da provincia, teña continuidade”. Felicitou á organización por impulsar un programa “ambicioso e transversal” e sinalou que a institución provincial seguirá tendendo a man a este tipo de eventos que apostan polo viño, a cultura e o turismo como motor para garantir o futuro da provincia.

O programa de Raizames é o seguinte:


Venres, 10 de maio

  • 18:30 horas: Visita á exposición fotográfica efémera Paisaxe Humana. Rúas de Taboada
  • 19:00 horas: Acto de inauguración. Casa Cuartel
  • 20:00 horas: Proxección do documental Os gardiáns das cepas. Casa Cuartel
  • 21:00 horas: Retrátate. Estudo fotográfico ambulante, con Abel Valdenebro. Casa da Cultura

Sábado, 11 de maio

  • 10:00 horas: Roteiro Canta arte se agocha nunha cunca de viño. Con intervencións artísticas e cata guiada. Saída desde a Praza de Riazón (previa inscrición)
  • 12:00 horas: Espazo Atmosfera de viño. Praza de Riazón
  • 14:00 horas: Concerto Cachas & Cousins. Praza de Riazón
  • 17:00 horas: Encontro Viños que coidan das cepas e a paisaxe. Pazo de Bembibre
  • 18:00 horas: Espazo infantil Vendimarte cativa. Praza de Riazón
  • 21:00 horas: Concerto Pablo Sanmamed trío. Praza de Riazón
  • 22:00 horas: Queima dunha facha. Praza de Riazón

Sábado, 11 de maio

  • 10:30 horas: Presentación do libro Observación sobre a cultura do viño na Galiza. Presentación da tradución ao galego. Casa da Cultura
  • 12:00 horas: Encontro O viño, con nome de muller. Pazo de Bembibre
  • 12:00 horas: Espazo Atmosfera de viño. Praza de Riazón
  • 14:00 horas: Danza contemporánea Leira. Praza de Riazón