Deputación de Lugo

A Deputación participa na inauguración da nova sede de Cáritas Lugo en Santo Domingo

Cáritas

O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, participou este mércores na inauguración da nova sede de Cáritas Diocesana de Lugo, situada no palacio de Valderde, en Santo Domingo. No acto oficial, o Deputado percorreu xunto ás autoridades e a directora da ONG, Amparo González, as novas instalacións, que foron bendicidas polo Bispo de Lugo. Miguel Fernández destacou que a sede, cunha superficie de máis de 500 metros cadrados, “permitirá á entidade social prestar un mellor servizo para desenvolver os programas destinados a favor das persoas máis vulnerables da provincia”. Nas dependencias, que ocupan a parte traseira do palacio de Velarde, traballan xa 18 empregados da organización, que atendeu o pasado ano a máis de 7.500 persoas. 

 

sede Cáritas