Deputación de Lugo
Infraestruturas

O Presidente acompaña ao Ministro Óscar Puente na proba dun dos Avril que unirá Galicia e Madrid coa alta velocidade

infraestruturas
tren
ALTA VELOCIDADE
Lugo
GALICIA
José Tomé Roca subliñou a importancia deste avance ferroviario “que traerá beneficios significativos para a provincia, pois a redución no tempo de viaxe a Madrid para os lucenses, en menos de 3 horas, mellorará considerablemente as comunicacións coa capital de España”

O mandatario provincial asistiu tamén á presentación do Plan Director do Corredor Atlántico para Galicia, un documento que marcará a folla de ruta en materia de conexións ferroviarias na nosa comunidade seguindo as directrices da Rede Transeuropea

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, acompañou este xoves ao Ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar Puente, no simulacro de viaxe comercial entre Madrid e A Coruña para probar un dos novos trens Avril de alta velocidade da serie 106 de Renfe, que comezará a operar entre Galicia e Madrid a partir do vindeiro martes, 21 de maio, permitindo incrementar as frecuencias e os destinos e reducir os tempos entre Madrid e Galicia. José Tomé subliñou a importancia deste avance ferroviario “que traerá beneficios significativos para a provincia, pois a redución no tempo de viaxe a Madrid para os lucenses, en menos de 3 horas, mellorará considerablemente as comunicacións coa capital de España”. 

O traxecto realizado forma parte das viaxes de simulación comercial que está desenvolvendo Renfe estes días para medir, practicar e comprobar todas as fases da explotación comercial de cara o seu inicio. Ademais do Presidente da Deputación e o ministro de Transportes y Mobilidad Sostible, nesta simulación comercial viaxaro o secretario de Estado, José Antonio Santano; o Delegado do Goberno en Galicia,  Pedro Blanco; o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; a alcaldesa de A Coruña, Inés Rey; o presidente de Renfe, Raül Blanco; o presidente de Adif, Ángel Contreras Marín; e o presidente de Portos do Estado, Álvaro Rodríguez Dapena.

Trala viaxe en tren, o mandatario provincial asistiu na Coruña, xunto ao Ministro e autoridades de toda Galicia, á presentación do Plan Director do Corredor Atlántico para Galicia, un documento que marcará a folla de ruta en materia de conexións ferroviarias na comunidade autónoma galega e que segue as directrices da Rede Transeuropea, aprobada o pasado 24 de abril no Parlamento Europeo. “Este Plan vai permitir, por un lado, que as mercadorías cheguen ao núcleo de Monforte e logo se bifurquen a Lugo e A Coruña, e por outro, sabemos que cando rematen as obras que o Estado está a  acometer, os lucenses imos ter unha viaxe de Lugo a Monforte e Ourense, en menos de 40 minutos, para poder coller o AVE a Madrid. Teremos menos distancia e menos horas de transporte desde Lugo a Madrid que pode ter A Coruña e Vigo”.