A Pobra do Brollón acolleu o Campionato Galego de Contrarreloxo Individual, co apoio da Vicepresidencia
![](/sites/deputacionlugo.org/files/2024-05/IMG-20240517-WA0005.jpg)
A Pobra do Brollón acolleu este venres o Campionato Galego de Contrarreloxo Individual, organizado pola Federación Galega de Ciclismo coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello da Pobra do Brollón. Máis de 200 ciclistas das categorías Sub 23, Elite, Juniors, Master, Infantil, Cadete e Paraciclismo, masculinas e femininas.
Os mellores rexistros marcáronos o sub-23 Alejandro Paz (Padronés-Cortizo) e a elite María Jesús Barros (Supermercados Froiz.