Deputación de Lugo

A Deputación participa na reunión do Consello Regulador da DO da Ribeira Sacra

VITICULTURA
Ribeira Sacra

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este martes en Monforte de Lemos na reunión convocada polo Consello Regulador da Denominación de Orixe da Ribeira Sacra, co fin de analizar a situación  actual do sector vitivinícola neste territorio. A xuntanza desenvolveuse no Centro do Viño da cidade do Cabe, e contou coa presenza de representantes das deputacións de Lugo e de Ourense, así como dos 19 concellos que integran a Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

Pilar García Porto valorou o encontro no que se abordaron posibles estratexias para impulsar o futuro do sector do viño, “que representa unha das economías fundamentais da nosa provincia e un elemento esencial da nosa identidade cultural”. Neste sentido, fixo fincapé, “que a Deputación tende a man ao Consello neste proceso, desempeñando un papel participactivo, tal e como veu facendo ao longo destes anos, apoiando iniciativas que garanten a sostibilidade da viticultura na Ribeira Sacra, que é única en España e no resto do mundo”. Así mesmo, incidiu a Deputada na importancia destes encontros para coordinar e fortalecer a colaboración entre as administracións e os actores implicados no sector, “co fin de acadar fórmulas para afrontar os desafíos do futuro”.